¡Benvidos! Graciñas por visitarnos, esta páxina
foi feita gracias ó esforzo e a ilusión dalguen que
quería que estas aldeas estivesen presentes en calquera parte do mundo, gracias a tecnoloxía
da World Wide Web (WWW).
Borralleiro e Carballeira, xunto coas Raices e Taboadelo, son unhas pequenas aldeas de Galiza
(Comunidade autónoma do norte de España) que pertencen a parroquia da Barcia do Seixo. Estas
localidades pertencen ó Concello da Lama, dentro da provincia de Pontevedra.
Estan ubicados nun fermoso enclave natural, no medio de dous grandes montes,
a Serra do Suido e o Monte
do Seixo. Neste último acadanse no seu punto máis alto 1012 metros por enrriba do mar. Tamén os nosos
pobos están a unha certa altura, en concreto a 690 metros.
Rodeados de natureza, temos monte baixo, toxales, rios, bosque de pinos, carballos e vidos.
Disto falamos con máis detalle na páxina dedicada a natureza.
Coma en calquera localidade de montaña, o tempo cambia moito, e vai xunto coa época do ano. Na
primavera o cor verde e o que domina na paisaxe, xunto cos variados cores das flores que brotan
nas prantas e arbores. No verán, e o momento de aproveitar os meses onde fai máis calor
e darse un baño no rio. No outono, o cambio das temperaturas anuncia a chegada do inverno, que
en ocasions, ven acompañado da neve.
Hoxe en dia o acceso por estrada e moi bo, arranxouse fai pouco tempo o anaco da estrada entre
Antas e a Portela da Cruz, (anteriormente o máis estragado), polo tanto o estado das estradas e
axeitado. Na páxina Ubicación, poderás ver onde estamos situados.